<
A Corrida do Galo

Seguindo co noso compromiso de recuperar e manter as tradicións da nosa parroquia, o pasado sábado 10 de febreiro de 2007 fixemos 'A Corrida do Galo'. A pesar do mal tempo tivo unha boa acollida por parte da parroquia, o que nos da pé para continuar a facela en vindeiros anos.

Eiquí podedes ver ó galo que se sorteou ó remate da xornada na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda

E que teño, e que teño,
e que teño eu eiquí,
teño un galo que canta
e fai 'kikiriki '

O Galo

Ir a páxina anterior